João Paulo Teixeira é Director da Unidade de Investigación do Departamento de Saúde Ambiental, no Instituto Nacional de Saúde (Portugal) desde 2005. É Máster en Saúde Pública e Doutor en Ciencias Biomédicas pola Universidade do Porto.
A súa principal actividade científica céntrase no dano xenético causado por compostos xenotóxicos e carcinoxénicos, principalmente nas áreas ambiental e ocupacional. O seu traballo está orientado a investigar os mecanismos moleculares implicados na cascada de eventos xenotóxicos/carcinoxénicos relacionados coa exposición a xenobióticos, así como os factores de susceptibilidade individual que modulan os efectos xenotóxicos e/ou carcinoxénicos. Ten publicado uns 60 artigos científicos e varios capítulos de libro sobre eses temas.